Tiñades plans para o Venres 3 de Marzo? Xa si!, retomamos unha das actividades da candeloria que máis nos fixo desfrutar nas primeiras edicións!
Xentileza dxs amigxs de Festymas podemos ofrecervos viaxes organizadas dende Compostela, Vigo e A Coruña! Se es dalgunha vila diferente contactade con nós e miramos a posibilidade de facer parada.
Temos o gran pracer de colaborar con A Contravento na camisola desta edición da candeloria!🔥
Xa temos o 70% do aforo completo. Moitas grazas a todos os que xa mercastes a entrada e se aínda non o fixeches, bule que non quedan moitas!!
Dende o festival vimos de anunciar os novos grupos que complentan o noso cartel! Soziedad Alkoholika Sobran as palabras para describilos, gran parte do crecemento do festival é grazas a eles! Chegan nun estado de forma incrible, disfrutaremos do seu DIRECTAZO no noso escenario! Tribade A banda é todo un referente dentro do rap combativo […]
N’A Candeloria non toleramos ningún tipo de comportamento machista, se algunha de vos sufrides calquera tipo de agresión ou comportamento que vos faga sentir incómodas acode ó noso punto violeta.
Dende hoxe luns podedes adquirir as vosas entradas para a sétima edición d’A Candeloria! Podedes facelo dende a páxina de Entradium. As 200 primeiras entradas estarán a 20 € máis gastos de xestión.
Temos a honra de anunciarvos as primeiras confirmacións desta sétima edición d’A Candeloria. Agardamos que vos presten!
Despois dunha derradeira compricada, dunha pandemia mundial, unha guerra entre nazis e algún que outro homófobo…non nos queda mais remedio ca voltar! Non queríamos quedar con este mal sabor de boca e este ano grazas a que se dan as circunstancias ideais aquí voltamos! Temos moitísimas ganas de volver a facer as cousas ben e […]